Podes facerte soci@ da ANPA descargando estes formularios
Descarga o formulario do Banco de Libros, se queres solicitalos para o vindeiro curso 2021/22
Asociación de Nais e Pais do IES Politécnico de Vigo
Podes facerte soci@ da ANPA descargando estes formularios
Descarga o formulario do Banco de Libros, se queres solicitalos para o vindeiro curso 2021/22
O presente protocolo ten por obxecto crear contornas escolares saudables e seguras mediante o establecemento das medidas preventivas, colectivas e individuais, que deben adoptarse no inicio
do desenvolvemento do curso escolar 2020/2021, tanto polo persoal docente e non docente como polo alumnado e a súas familias, co obxectivo de protexer e previr no máximo posible o risco de contaxio
por COVID-19. Inclúe as medidas de detección precoz dos casos e a súa xestión axeitada. O documento é de aplicación aos centros públicos de ensino non universitario e, adaptado ás súas peculiaridades, aos centros privados concertados que imparten ensinanzas non universitarias.
O conxunto de medidas incluídas no presente protocolo foron examinadas polas autoridades sanitarias autonómicas, porén son obxecto de revisión continua en función da evolución do risco sanitario e das decisións que adopten as autoridades sanitarias autonómicas e estatais. Estas medidas iranse actualizando cando sexa necesario, se os cambios na situación epidemiolóxica así o requiren
Podes consultar e descargar o protocolo completo premendo aquí
Protocolo_covid_inicio_curso_2020_2021
A ANPA, ante a situación da COVID19 e por seguridade, atenderá con cita previa.
Poden solicitar a cita a través do correo electrónico anpapenicheies@gmail.com , deixando os seus datos, para poder concertar a cita.
Este ano, por mor da situación extraordinaria que estamos a vivir, os formularios deben ser cumplimentados de forma dixital e envialo a través do correo electrónico da ANPA, non se recollerá ningún documento impreso.
As familias poden escoller entre, prestar ou ceder os libros de texto á ANPA do IES Politécinico de Vigo polo tempo que determinen.
A modalidade de préstamo, as familias deciden cada curso, se continúan prestando os manuais, ou se os recuperan.
Ceder libros de texto, non conleva o dereito de recibilr outros a cambio, aínda que otorga preferencia, vai depender da dispoñibilidade das existencias.
Só poden beneficiarse do banco de libros. as familias asociadas.
As familias que reciban libros en préstamo, deben comprometerse a mantelos nas mellores condicións posibles e conservalos para usos posteriores.
Anímate e forma parte da ANPA
A cota por familia e curso escolar é de tan só 15 euros que se deben ingresar na conta :
ABANCA ES92 2080 5137 363040006824
Debe aparecer a vosa identificación, con nome e apelidos vosos e os das vosas fillas/ fillos.
Por mor da seguridade sanitaria para o curso 2020/21, será a única forma de ingreso, así evitaremos aglomeracións no local da ANPA
Podedes seguir as novidades na web https://anpapeniche.wordpress.com/
e nas redes sociais, @AnpaPeniche
Para calquera dúbida ou consulta, podes contactar con nós no correo electrónico anpapenicheies@gmail.com
As familias poden escoller entre prestar ou ceder os libros de texto polo tempo que determinen, para máis información, podes descargar aquí o formulario
PROTECCIÓN DE DATOS
En cumplimiento del REGLAMENTO (UE) 2016/679 DEL PARLAMENTO EUROPEO Y DEL CONSEJO, de 27 de abril de 2016, relativo a la protección de las personas físicas en lo que respecta al tratamiento de datos personales y a la libre circulación de éstos Protección de datos ANPA PENICHE
Facerte socio ou socia da ANPA Peniche, son todo avantaxes, podes acceder o banco de libros, terás desconto en numerosos establecementos, etc … preme aquí para máis información Anímate e únete A Anpa formulario. 2019-20
Protección de datos ANPA PENICHE
Páxina da Asociación de Nais e Pais do IES Politécnico de Vigo
Podes contactar a través do correo electrónico anpapenicheies@gmail.com
Lembrade que a ANPA, está xestionada por voluntari@s que adican o seu tempo á organización da mesma, polo que non é posible garantir ningún horario nin adicación exclusiva de traballo.
Tamén temos presenza nas redes Facebook: https://www.facebook.com/AnpaPeniche/
Aínda non sabes o que queres estudar? O departamento de Orientación do Centro bótache unha man, infórmate aquí https://www.elorienta.com/iespolitecnicovigo/
Neste vídeo, podes coñecer mellor o IES Politécnico de Vigo e as posibilidades educativas que ofrece o Centro
Información: horario de actividades
Xa podes tomar nota das actividades que se ofrecen para este curso 2018/19 preme no enlace INSCRIPCIÓN ACTIVIDADES 2018-19 OK